Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Muxía e a Comisión de Festas deciden suspender a Romaría da Nosa Señora da Barca


Esta tarde reuníronse o alcalde, Iago Toba, e varios representantes da Comisión de Festas, encabezados polo presidente Ramón Pérez Barrientos.
O Concello de Muxía e a Comisión de Festas deciden suspender a Romaría da Nosa Señora da Barca. Esta tarde reuníronse o alcalde, Iago Toba, e varios representantes da Comisión de Festas, encabezados por Ramón Barrientos.
‘É unha decisión consensuada, tomada coa cabeza e deixando a un lado o corazón’, aseguraron. ‘Isto non quita que non se vaian celebrar varios actos relixiosos con estritos controis de saúde e de seguridade’, comentouse na reunión, nas datas nas que se tería que ter celebrado a Romaría da Nosa Señora da Barca.
Desde a Comisión de Festas aseguran que seguirán traballando durante todo o verán para recadar fondos para a Romaría da Nosa Señora da Barca de 2021, anunciando tamén que ‘estamos traballando na posibilidade de que se celebren actos simbólicos ou exposicións’, comentaron. ‘Pequebarca’
O que si que terá lugar este ano será o coñecido como ‘Pequebarca’, unha serie de actos para a rapazada que coincide coa data de celebración da Romaría. Ademais, aproveitaranse estas datas para comunicar o cartel da edición de 2021, ‘no que volveremos a conmemorar a Nosa Señora da Barca como se merece’, finalizaron.